ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia

martes, 30 de junio de 2020

Bo verán!

Agora si! Despois deste curso, que nos puxo a proba de xeitos que nunca imaxinaramos, desexámosvis un moi feliz verán e o noso maior desexo de recuperarnos presencialmente en setembro!

Unha aperta enorme ☀️

lunes, 15 de junio de 2020

NOVA SECCIÓN!!! "Os nosos contos"

Despois destes días de creación podemos, por fin, comezar a disfrutar das creacións narrativas das compañeiras e compañeiros. A partir de agora iremos engadindo os novos contos que vaian chegando!

Pinchade na imaxe para acceder á páxina

Que desfrutedes das lecturas!

sábado, 13 de junio de 2020

PRIMEIRA RECEITA ELABORADA DO RECETARIO!!

O noso “RECETARIO SAUDABLE DO CONFINAMENTO” comezou a cumplir a súa función social e recibimos a primeira elaboración a partir do mesmo!! ♥️

Neste caso foi a compañeira da conta @orellaverde de instagram a que nos enviou fotos das galletas elaboradas a partir da receita de Joel 😋


viernes, 5 de junio de 2020

Día Internacional do Medio Ambiente

Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido.
O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para escribir sobre como afectan os lumes, a contaminación con plásticos nos mares ou o lixo nos ríos cercanos.
O obxectivo concienciar a toda a comunidade da importancia de coidar a natureza...


Canta con nós!!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

NOVIDADES!

Boas!
Falaremos despois sobre elas na videoconferencias de hoxe. Pero adiántovos que temos novas propostas e novas seccións do voso traballo. Algunha moi agardada e por fin publicada!!


NOVAS PROPOSTAS 

O CONTO

Retomamos de novo un texto visto xa na clase: O CONTO.
Non vos asustedes ao ver a páxina que é moi longa, pero tamén é para facer con calma, paso a paso, e en varios días. Despois explícovos todo.


Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "PROPOSTAS DE TRABALLO".



MATEMÁTICAS II

Neste sección atoparedes 3 propostas:

CÁLCULO MENTAL: uns vídeos con estratexias básicas pero fundamentais. Son vídeos para ver en familia e para que despois poidades practicar mesmo dando un paseo ou na praia se vos apetece ;)

MULTIPLICACIÓN: tamén uns vídeos moi ben explicados da progresión a seguir para comprender e asentar que estaría moi ben que vísedes tamén en familia. Botádelle un ollo e xa comentaremos. Veredes que algunhas cousas son repaso de aula e outras estaban só iniciadas.

RETOS MATEMÁTICOS: sección para xogar coas mates e poñer o cerebro a traballar a tope!


Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "PROPOSTAS DE TRABALLO".





NOVAS SECCIÓN DO VOSO TRABALLO 


RECETARIO DE CONFINAMENTO: POSTRES

Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "O TRABALLO D@S PEQUES".


LABORATORIO DE CIENCIA

Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "O TRABALLO D@S PEQUES".






lunes, 18 de mayo de 2020

"A FALA"

Fixo Uxía, con axuda e colaboración das Tanxugueiras, Faia e outras moitas persoas, un fermoso vídeo que me gustaría compartir con vós.
Agardo que o disfrutedes tanto como o fixen eu 💙

viernes, 15 de mayo de 2020

E xa está aquí! "REFRANEIRO DE OUTES"

O domingo é o Día das Letras Galegas, 
e con motivo da súa conmemoración aquí tedes o 
vídeo recompilación de refráns da sabiduría galega feito 
con aportacións das nenas, nenos e profesorado do noso cole. 
Mirade que chulo!

QUE O DISFRUTEDES!!!


miércoles, 13 de mayo de 2020

Terceira entrega de RETO MUIÑEIRA


https://educacioninfantiloutes.blogspot.com/p/reto-muneira.html
Pinchade na imaxe para acceder

As nenas e nenos de infantil veñen de lanzarnos a terceira entrega do reto!! 
AGARDO QUE ESTEADES A BAILAR!!  

MURO POÉTICO POLAS LETRAS GALEGAS

AVISO!! 

Pasádevos polo "Muro poético". Hai fermosas poesías, e entre elas dúas moi da nosa terra, agora que estamos na semana das Letras Galegas! 

Aínda que para escribirlle á nosa fermosa terra, fala e xente
 vale calquera época do ano, a que sí?

lunes, 11 de mayo de 2020

LETRAS GALEGAS 2020!

Feliz Semana das Letras! 

O domingo é o propio Día das Letras Galegas que este ano se lle adican a 
Ricardo Carvalho Calero


A continuación convídovos a desfrutar dun anaquiño da súa obra

PINCHADE NA IMAXE PARA ACCEDER AO LIBRO COMPLETO


E agora deixovos un par de xogos sobre a súa biografía e obra... A ver que tal se vos dan! 



E outro máis, deste volta cheo de misterio...



QUE O DISFRUTEDES!


viernes, 8 de mayo de 2020

Recompilación de refráns polo Día das Letras Galegas!

COPIADO DA PÁXINA WEB DO COLE----->
Dado que a vindeira semana deberiamos celebrar as Letras Galegas, dende os equipos de DLG e ACE solicitamos a vosa colaboración para que gravedes un breve vídeo, no que se escoite aos vosos fillos/as recitando un refrán popular galego e, como fondo, se vexa unha composición artística relativa ao refrán. É dicir, se por exemplo falase de flores, poderías por a imaxen dunhas flores do voso xardín, das que teñades nun xarrón, etc, se tratase sobre a costura poderían aparecer de fondo teas, tesoiras, dedais, agullas…

Por suposto, nas composicións que decidades facer para que aparezan como fondo da voz do voso neno/a recitando o refrán galego que escolleras, poderedes empregar os materiais que queirades. Pero, lembrade que non deben verse persoas nos vídeos que nos enviedes. Logo, con eses vídeos editarase outro que agardemos recolla boa parte do refraneiro popular galego.

Data límite da recepción dos vídeos o vindeiro xoves, 14 de maio, no correo: actividades.ceip.outes@gmail.com

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR
AGARDAMOS OS VOSOS VÍDEOS !!!


jueves, 7 de mayo de 2020

Nova carta para toda a clase!!

Pinchade na imaxe para vela mellor 😋


Pois si! Nesta ocasión é Felipe o que nos escribe
esta bonita carta a tod@s. Grazas Felipe!

Desfrutádea!

martes, 5 de mayo de 2020

Nova mensaxe de ánimo!

Desta volta é Joel quen nos envía o seu debuxo para animarnos!! Cheo de detalles, coma sempre!

MOITAS GRACIAS JOEL!!


jueves, 30 de abril de 2020

martes, 28 de abril de 2020

Carta de Michelle

Mirade que carta máis bonita na que fai referencia á de Gabriela... Alguén máis se anima a escribir?

(se a mandades escrita a ordenador póñolle así un fondo chulo como a esta ;) Ou ao mellor xa sabedes poñerllo vós...
Lembrade que podedes vela máis grande se pinchades nela.



DESFRUTÁDEA!!

lunes, 27 de abril de 2020

COMEZAMOS SEMANA CHEA DE ENERXÍA!!

BO DÍA!! Benvid@s a unha nova semana!

Desta volta traiovos dúas sorpresiñas e 2 propostas semanais para que centredes os vosos esforzos nas mesmas e unha máis por si vos apetece e tedes a curiosidade de facelo. Esto non quere dicir, que ao voso ritmo sigades facendo cousiñas pendentes das propostas xa existentes, entre outras cousas porque as de hoxe son concrecións das que xa había!


SORPRESA 1. Vídeo do Día do Libro

PODEDES DESFRUTAR XA DO FERMOSÍSIMO VÍDEO DO DÍA DO LIBRO!!

Para iso pinchade nesta imaxe que vos levará á páxina web do cole onde tedes que descargalo para poder velo. Disfrutádeo moito 😀





PROPOSTA 1. Muro poético

Vou a crear unha páxina no blogue na que iremos colgando os poemas que estades a enviar, para o que teredes que pasalos a limpo e poñerlle unha decoración se así o considerades. Deixovos uns exemplos para inspirarvos.




PROPOSTA 2. Recetario saudable do confinamento

Imos crear un recetario saudable colaborativo ao longo de 3 semanas nas que traballaremos... ENTRANTES, PLATO PRINCIPAL e POSTRES!

Comezamos esta semana cos ENTRANTES SAUDABLES!!!

Elexide unha receita de entrantes que triunfe na vosa casa, cociñadea coa vosa familia (pero tedes que facervos vós cargo da medida das distintas cantidades!! importante!!) e escribide a receita. 
Ademais recollede o proceso en fotos e tamén o resultado final (só das mans traballando, sen caras para poder poñelas no blogue). 

E a ver esas presentacións, señoras e señores chefs!

OLLO! organizade ben o espazo ao escribir a receita! Deixovos un modelo para que vos situedes no papel e teñan todas unha certa coherencia (o modelo é para orientarse e levalo ao voso papel, non para escribir sobre o mesmo ;)


PROPOSTA 3. Observación de aves (voluntaria)

Tedes no menú da esquerda, en "PROPOSTAS DE TRABALLO" unha nova proposta complementaria á da clasificación animal. É totalmente voluntaria pero moi interesante por si queredes facela toda ou só parte ;)

Podedes acceder tamén a través deste enlace: Observación de aves


SORPRESA 2....

Levo xa varios días querendo facervos un pequeno agasallo persoal que fixemos en familia. Esta tempada de confinamento, que nos obliga a estar na casa, ofrécenos un tempo extra para outras actividades que no día a día de ir de un lado para outro non podemos ter. 
Eu sigo traballando, como sabedes, pero cando teño tempo libre ademais de ler, ver algunha que outra película (que tamén me encanta), estoume adicando a pintar con acuarela. Miro titoriais en Instagram, Pinterest e Youtube e vou aprendendo. Algo xa mellorei ;)

E vós ou a vosa familia? Sacáchedes do baúl algunha cousiña que non faciades antes e á que agora lle adicades algo de tempo?

Ademais diso que vos conto fixemos esto en familia que vos regalo con todo o meu cariño 💕

Chámase "PERSOAS"


ÁNIMO PARA ESTA NOVA SEMANA!!

miércoles, 22 de abril de 2020

Regaliño poético

Boas clase! Hoxe Anxo quere facernos un regalo especial en forma de poesía.

Desfrutádeo!!


martes, 21 de abril de 2020

Proposta dende biblio para o Día do Libro. Animádevos!!


Novas mensaxes!!!

Seguen chegando mensaxes!! QUE ILUSIÓN!! Mirade quen nos anima hoxe ;)

María fíxonos un colorido arco da vella e unhas mans cheas de
esperanza! Todo vai saír ben, claro que si!!
GRAZAS MARÍA!

Michelle puxo unha peza de puzzle por cada un, que bonita 
metáfora de que estamos xuntos aínda que teña que ser cada un/ha
dende a súa casa. Xa prontiño nos vemos!!
GRACIAS MICHELLE!

E Carlos anímanos con un arco da vella e un sol
cheos de intensidade e cor. Bicos tamén para ti!
GRAZAS CARLOS!



viernes, 17 de abril de 2020

Nova mensaxe con sorpresa especial

Hoxe chegou a mensaxe de Gabriela para a clase, tamén moi fermosa! Pero ademais entre as cousiñas que fixo e enviou para que eu as vise, viña unha carta que me pareceu tan especial que lle dixen se me deixaba compartila. Deste xeito agardo que chegue ás persoas ás que lla dirixe. GRACIAS GABRI!




SORPRESA!!!

Con todo o noso amor! 💜



jueves, 16 de abril de 2020

Xa chegaron algunhas mensaxes!!

Si!! Xa podemos desfrutar de algunhas mensaxes da clase! Son todas fermosísimas e feitas con todo o cariño. A min encantáronme e seguro que a vós tamén.

A primeira é de Sabela, que non se esqueceu de
absolutamente ninguén na súa mensaxe!
GRAZAS SABELA!
Esta de Claudia mándano todo o amor do mundo e moito ánimo!
GRAZAS CLAUDIA!
Pedro reciclou un interesante resultado dun experimento
para facernos esta marabilla chea de cores cunha mensaxe
con moita forza!! Claro que si!
GRAZAS PEDRO!
Xián mandounos un dos seus fermosos debuxos. Sempre nos
sorprende co chulos que son, a que si?
GRAZAS XIÁN!
Laura expresa na súa fermosa menxase unida por un arco da vella
o desexo que temos todas e todos... Vernos de novo!!!
GRAZAS LAURA!
E Dani respostalle a Laura que si, que seguro que nos vemos
pronto! Tamén nos manda moito amor con ese enorme corazón vermello!
GRAZAS DANI!

E ata aquí por hoxe... 
agardo que os disfrutedes tanto coma min ;)


miércoles, 15 de abril de 2020

MENSAXES DE ÁNIMO!

Hoxe traio unha pequena proposta para vós que seguro que vos fará moita ilusión. Vin un fermoso vídeo no que dábades ánimos ao mundo para afrontar esta crise, pero... que vos parece agora se facedes un pequeno cartaz de ánimo para @s compañeir@s da clase?

Escribide unha mensaxe dirixida en exclusiva á clase, neste caso, e decorádea como vos apeteza... con debuxos, un marquiño... como queirades! Empregade lápices, bolis, cores, acuarelas, collage! Poñédevos creativ@s.

Despois quitádelle unha foto e enviádema por correo electrónico a terceirooutes@gmail.com Irei colgando os que reciba no blogue para que o vexan o resto da clase ;)


Animádevos a participar! 
Agardo os vosos carteis!!

martes, 14 de abril de 2020

3º trimestre!

Aquí estamos de volta! Agardo que tiverades unhas boas xornadas de descanso e diversión en familia nestas datas. Agora volvemos de novo, aínda que de momento non temos moi claro cómo.

Según o acordado, quedan as modificacións do blogue feitas e dispoñibles.

Moito ánimo e... COMEZAMOS!

jueves, 2 de abril de 2020

Bibliotecas virtuais

Preme na imaxe para ir directamente á páxina

Sabemos que tedes nenas e nenos verdadeiras amantes da boa lectura que devoran libros. Así que imaxinamos que a estas alturas os recursos na casa estanse agotando. Por iso cremos necesario inaugurar esta sección con enlaces a bibliotecas virtuais onde poder ler ou enlaces para escoitar contos.

Como sempre dispoñible no menú da esquerda. Desfrutádeo pero non olvidedes os libros en papel!!

Desfrutade das lecturas!

Unímonos ao reto d@s nen@s de Infantil?

https://educacioninfantiloutes.blogspot.com/p/reto-muneira.html
As nenas e nenos de infantil lánzanos un reto que di así: 
"Queremos pensar na próxima vez que nos vexamos e vai ser especial! Así que 
toca practicar para ese día, animádesvos?
Premendo na imaxe podedes ir ver a primeira clase no blogue de Infantil grazas a Pablo.
Moito ánimo que entre todas imos sacar esto adiante. Forza!!!"

Que vos parece se nos unimos?? 
Eu vou ir comezando a practicar ;)

Circo do Sol

Propoñovos ir ao CIRCO DO SOL en familia. 
Por primeira vez podemos ver Un recopilatorio de dous dos seus espectáculos na rede! Trátase de KURIUS e LUZIA.


A desfrutar soñando!

martes, 24 de marzo de 2020

#VisitaUnMuseo

Ilustración de Lisbeth Zwerger
Non podemos ir aos museos en directo, pero... PODEMOS VISITALOS ONLINE! Saír de paseo con axuda das novas metodoloxías e a nosa imaxinación.
Para iso, acabamos de editar a páxina "Imos de museo", con novos museos e enlaces directos ás súas coleccións ou visitas virtuais.

Agardo que os disfrutedes!
E... animade ás vosas familias a acompañarvos na aventura ;)

domingo, 22 de marzo de 2020

#AprendoNaCasa - Aviso de interese

A partir de mañá, luns, comezan a emitir contidos educativos en aberto para facilitar a aprendizaxe das nenas e nenos durante o estado de alarma.

RECOMENDADO POLA PROFE 😉 Na segunda canle da Televisión de Galicia poderedes ver de luns a venres, entre as 11:00 e as 13:00h, un bloque de contidos educativos de distintas temáticas. Os programas incluídos serán Xeoclip, de xeografía, historia, xeoloxía e bioloxía, Aquelando tamén quedamos na casa, con contidos diversos de ciencia, Era unha vez... o home e Era unha vez... os exploradores, sobre o historis da humanidade e inventos diversos, e Criaturas, sobre os animais.



Ademáis, o Ministerio de Educación fai tamén outra proposta que emitirá, para as idades que nos interesan, en ClanTV.
Pincha para ver: Nota de prensa do Ministerio sobre as emisións

O horario das emisións será o seguinte:


Por outra banda, o Ministerio de Educación habilitou tamén unha páxina cunha sección con recursos para familias. Déixovos o enlace aquí e na barra lateral.




Pincha na imaxe para acceder

sábado, 21 de marzo de 2020

Novas seccións!

Boas de novo, cómo vai todo? Agardo que o mellor posible.
Escribo aquí, na sección central, para avisarvos que na barra lateral na sección de propostas de traballo tedes dúas novas propostas:

Experimentos e método científico, cunha selección de experimentos, que sei que vos encantan, para disfrutalos coa familia, e seguir practicando método científico.
Pincha na imaxe para acceder á sección
(enlace tamén na barra lateral)

E "Canal Historia", no que vos deixei unha serie de vídeos para coñecer a historia da humanidade (de Europa, principalmente, e a de Galicia de xeito lúdico.

Pincha na imaxe para acceder á sección 
(enlace tamén na barra lateral)

Tamén vos queda unha nova sección con enlaces directos a outras páxinas de interese cos que agardo que disfrutedes ao tempo que aprendedes aspectos diversos.

Seguimos avanzando
Hoxe xa queda un día menos para disfrutarnos todos

E non esquezades que podedes escribirme na dirección de correo electrónico habilitada 😉



domingo, 15 de marzo de 2020

#QuedaNaCasa

Por precaución, pol@ nos@s maiores, polas persoas de risco, por colaboración c@s profesionais sanitarios, porque así o consideraron as autoridades sanitarias, para que esto remate canto antes... temos que permanecer na casa.


E mentres dure a situación este será o blogue no que teredes acceso tanto a propostas de traballo como a recursos e enlaces de interés.

Deixovos tamén algunhas recomendacións que poden axudar @s nenas e nenos a pasar esta situación con certo orde e tranquilidade.

MOITO ÁNIMO. TODA SITUACIÓN DE CRISE PODE SER UNHA GRAN OPORTUNIDADE!