ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia

Cultura online EN DIRECTO!

Numerosos artistas están regalando a través das redes sociais ou seu bo facer. Un montón de músic@s e cantantes fan concertos en directo a través das redes. Contacontos ofrecen contos diarios. Leandro Lamas guiounos na elaboración dun dos seus fermosos debuxos a través de facebook e a experiencia foi tan boa que parece que se animará a repetir... Nesta páxina deixareivos todo aquilo do que me vaia enterando.
Polo de pronto...

MUSICA EN DIRECTO


#YoMeQuedoEnCasa FESTIVAL é un festival de música en directo onde moitos artistas fan concertos de media hora ao largo de todo o día. Se seguides este perfil, xa vos vai enlazando cos artistas que están a tocar nese momento. O fin de semana foi un gran éxito e este... REPITEN!!!


#LaGiraSeQuedaEnCasa é outra iniciativa de concerto online en directo de Alejandro Sanz e Juanes para amenizar o peche.


CONTACONTOS EN DIRECTO


Deixovós dúas propostas que vin en Instagram.


O perfil "Va de cuentos" conectan todos os días ás 11 para contarnos un conto en directo.


E a produtora cultural Urdime regálanos este festival que xa comezou e ten 4 seccións!

CACAREANDO NA MEMORIA
Sección na que irán colgando en aberto un repositorio de vídeos completos 
de obras de teatro, concertos, festivais...


Comezan co vídeo completa dunha obra de teatro marabillosa, “A nena e o grilo nun barquiño”. Como a mesma produtora di no seu instagram, a peza coa que Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal, Jerry Noia e Teatro Ghazafelhos con Pepeblo Patinho Penya e Monse Piñon fixeron cantar, rir e soñar a tantas pequenas e maiores por teatros e auditorios.

“A nena e o grilo nun barquiño”


CONTOS QUENTIÑOS NARRADOS DENDE O NIÑO
Pablo Sánchez e Os Contos de Pablisísimo. Contos para ver de de o poleiro





OS CONCERTOS DO GALIÑEIRO
Nova sección de música do festival!


Comezam con Inacio Vilariño de Fantoches Baj, que nos canta o Romance das Rosquilleiras, acompañado da axuda de Marta Negro e das ilustracións de IvánSuárez



Mama Cabra, “A voar”



Estade atent@s a esta páxina. 
Se me entero de algo máis poderedes velo aquí!


No hay comentarios:

Publicar un comentario