ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia

Matemáticas II

MATEMÁTICAS II

CÁLCULO MENTAL

ESTRATEXIAS DE CÁLCULO MENTAL BÁSICO PERO IMPRESCINDIBLE

Mirade este vídeo e despois podedes practicar na casa, no coche ou na praia, na hora da merenda,  un ratiño





MULTIPLICACIÓN

Comezamos por repasar a comprensión do proceso e por facer algunhas prácticas para que ésta se asente


Seguimos repasando tamén a aprendizaxe manipulativa e comprensiva das táboas de multiplicar. Seguro que vos soa, porque xa a vimos na clase.

Veredes tamén que é moi interesante traballar de xeito paralelo a súa extensión a decenas, centenas e millares... 

Por último inclúe algunhas páxinas web online para traballar estes conceptos (de algunha xa tedes enlace na primeira entrega de matemáticas)


E por último iniciámonos xa no propio algoritmo da multiplicación. 
Cando fala de descomposición vertical refírese aos exercicios de descomposición de decenas e centenas que vimos facendo. 


Aínda que a priori pola nosa formación (familias) nos poida resultar máis difícil comprendela, este algoritmo ten a vantaxe de acompañar o proceso mental que soemos seguir cando abordamos unha multiplicación na vida real. Polo que á larga favorecerá e mellorará moito este aspecto que é o realmente útil para a vida. Porque para as multiplicacións complexas, na vida cotiá, botamos man da calculadora, hoxe presente en todos os nosos petos en forma de teléfono móbil.


Por suposto, non esquezades aproveitar todas as oportunidades que a vida cotiá nos ofrece para relacionar a multiplicación coa mesma.



RETOS MATEMÁTICOS

A darlle un pouco á cabeciña. Enviádeme a resposta cando a teñades. Para iso en varios casos podedes poñerme simplemente RETO MATEMÁTICO 1. SOLUCIÓN: ? 😉

1

 
 3

 
 5
6 

No hay comentarios:

Publicar un comentario