ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia

Poesía


Facer poesía é comunicar con palabras dun xeito estético aquilo que queremos contar, ben sexan situacións que vivimos en primeira persoa ou outras non vividas pero das que sentimos a necesidade de falar.

A proposta neste caso é seguir escribindo, e para que poidades facelo imos lembrar o proceso que estabamos a seguir na clase. Seguro que esta situación, e o que estades a vivir, pode ser do máis inspiradora.

  • Eleximos o tema a escribir e creamos na nosa mente a IMAXE POÉTICA que queiramos. Algo así como pensar nunha imaxe sobre ese tema con moitos detalles, non só visuais. Para axudarnos podemos facernos algunhas preguntas. Como é ese lugar/cousa/animal/aspecto/situación? Como ule? Que cores predominan? Que sensacións me transmite? Que sentimentos me provoca? ... Podedes ser realistas ou deixar voar completamente a vosa imaxinación. Se vos axuda podedes crear un debuxo que reflexe esa imaxe.


  • Agora comezaremos a escribir algunha frase relacionada co que acabamos de crear na nosa imaxe. En concreto, para seguir coa estructura de estrofa que estabamos a escribir na clase, crearemos dous versos. Por exemplo, da imaxe anterior... 

Fronte a fronte,

dun gris elefante

...

  • Unha vez feito esto, e como estamos a escribir estrofas de 4 versos, nas que riman o 2° e o 4°, facemos o listado de palabras que riman con “elefante”. Pero como poderíamos escribir o segundo verso ao revés (“dun elefante gris”), faremos tamén un segundo listado con esta palabra. 
Lembrade que para buscar a rima temos que comezar por buscar cal é a sílaba acentuada, suliñamos a vogal desa sílaba e analizamos o patrón de vogais a partir da mesma. Se as palabras que atopamos rematan igual en vogais e consonantes, falamos de rima consonante, e se só coinciden as vogais falamos de rima asonante.


  • A continuación escribimos outros dous versos, de tal xeito que o 4° verso remate nunha das palabras da lista. Recordade que, de algún xeito, os catro versos deben contar unha historia, ter un sentido global. 
Fronte a fronte
dun gris elefante,
contemplo marabillada
o seu maxestuoso avance.

  • Con todas as ideas ás que iredes dándolle forma, facendo e desfacendo, xeraredes un borrador. Cando escribimos en borrador só queremos plasmar distintas posibilidades entre as que elexir as definitivas que formarán o noso poema. Non é momento de fixarse na calidade da letra.
  • Revisade con axuda das ferramentas do “kit de revisión ortográfica” que podedes atopar na barra lateral, a corrección do texto.
  • Toca pasalo a limpo. Mellor cun bolígrafo negro, rotulador fino... non con lápiz. Agora si é momento de lucir a vosa mellor letra! 
  • Decorade un fondo sobre o que pegar o voso poema con acuarela, témpera, rotuladores, papeis de cores en modo collage, etc... 
  • Pegade o poema e poñédeo en algún sitio ben visible da casa para alegrar estes días de peche. Non olvidedes recitarllo á familia que vive con vós, pero tamén podedes enviarllo a outr@s familiares ou @s compañeir@s a través dun audio. Se queredes enviademe unha copia en foto do poema e do borrador á dirección de contacto.

 A CREAR!



Deixovós tamén un enlace con un montón de propostas para xogar a crear poesía recopiladas polo CEIP Loreto de Andalucía.




Despedimos esta sección cun fermoso videopoema de Celia Parra que fala da nosa lingua. 
Agardo que o disfrutedes!



pincha na imaxe para acceder



No hay comentarios:

Publicar un comentario