ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia

Recomendacións xerais relacionadas coa situación

Ilustración de Elena Pereiras (mamá unicornio en IG)
Estamos ante unha situación anómala na que todo apunta a que imos pasar unha boa tempada entre catro paredes. Así que, como habitantes desas catro paredes, temos a responsabilidade de construír un mundo o máis saudable posible, para nós, e por supostísimo, para @s nos@s fill@s. Autocoidado para poder coidar.

Imaxe de Pequefelicidad en IG
Pinchar para ver con claridade


Imaxe de Silvia Vallina en IG

O que pasa fóra non lles é alleo, así que non @s manteñas ao marxe. Escoitan, palpan a nosa preocupación, e precisan explicacións reais, pero dende a calma e a tranquilidade. Dende a seguridade. Precisan compartir e poder falar con vós do que lle preocupa da situación, que de seguro serán moitas cousas. A vós tamén vos fará ben falar con el@s.


E para manter a tranquilidade, establecede rutinas pautadas. Nesta infografía tedes varias opcións e posibilidades. Online multiplícanse! Irei intentando pasarvos información do que me vaia enterando.

Agora mesmo o mundo cultural está en pleno movemento. Hai concertos e contacontos en directo a través das redes sociais, podedes facer videochamadas para que falen c@s amig@s... E sobretodo, disfrutar moito de pasar tempo en familia. Colaborando nas tarefas diarias e xogando.


Imaxe de Dibupills en IG

E dentro destas rutinas, o exercicio é unha máis que necesaria rutina diaria para estes seres tan che@s de enerxía. Aínda que teña que ser Indoor!


MOITO ÁNIMO!

No hay comentarios:

Publicar un comentario