Nova proposta de escritura de texto, neste caso retomamos un que comezamos a coñecer na clase pero no que non nos deu tempo de profundizar... O CONTO!
Como algunhas das propiedades que precisamos para poñernos a escribir xa as vimos e traballamos na aula, paso a recordárvolas para que entredes directamente na creación do voso conto.
Para iso ordearémolas para que vos axuden no proceso paso a paso:
1º PERSONAXES E A SÚA RELACIÓN
O modelo que seguimos é parte do "modelo actancial de Greymas". Non vos asustedes co nome que é moi fácil de entender...
O esquema da relación entre personaxes é o seguinte:
Quere dicir que en casi toda historia atopamos unha PERSONAXE PRINCIPAL que persigue un OBXECTIVO, algo que quere facer ou que pretende conseguir. E que na viaxe ou feitos a levar a cabo para conseguir ese obxectivo, atopa un/ha OPOÑENTE, que intenta impedirlle de algún xeito o camiño hacia ese obxectivo. E un/ha AXUDANTE que lle botará unha man para axudarlle a conseguir o que quería.
Vexámolo cun exemplo... CARAPUCHIÑA VERMELLA.
AGORA TI
- Inventa unha PERSONAXE PRINCIPAL. Nome, apariencia (podedes debuxala), personalidade, carácter... Pensade un pouco como é porque despois ten que actuar no conto dacordo con como decidade como vai ser... (podedes botar man de todos os adxectivos que vimos no apartado de descripción e incluir tamén algunha metáfora)
- OBXECTIVO. Que é o que quere facer / conseguir a vosa personaxe? Para que quede un bo conto, debería ser algo interesante!
- OPOÑENTE. Quen vai a intentar que a vosa personaxe principal non consiga o seu obxectivo e de que xeito??
- AXUDANTE. Quen vai a axudar á personaxe principal a superar ese problema e de que xeito?
ESCRIBIDE ESTES CATRO ASPECTOS NUNHA FOLLA PARA TER EN CONTA CANDO VOS POÑADES A ESCRIBIR. PODEDES FACER DEBUXOS DA PERSONAXE PRINCIPAL E D@ OPOÑENTE E AXUDANTE.
Ideal que como mínimo un ben detallado da personaxe principal. Podedes buscar referencias en internet... se leva unha trenza, buscar peinados con trenza, se ademais ten un escudo, buscade exemplos de escudos para guiarvos... etc.
2º ESTRUTURA TEMPORAL. O borrador.
Comezamos lembrando o percorrido que recorre a historia nun conto según o modelo sobre o que estamos a traballar, e como as personaxes van actuando e en que momentos:
Deixovos tamén unha foto do panel que tiñamos na clase de análisis de distintos contos en base a estes aspectos:
AGORA TI
Comezamos coa redacción do conto en borrador. Esto quere dicir que non é momento de pensar en si a letra é mellor ou peor. Tamén quere dicir que non pasa nada se cambias de idea e queres tachar algo para escribir outra cousa.
É cómodo facelo a ordenador porque aí podes eliminar e reescribir todo o que queiras.
E imos ir por partes. Non te esquezas de pensar e incluír os aspectos que deben aparecer en cada parte.
PRESENTACIÓN DA SITUACIÓN
Comeza o conto e debes presentarnos varios aspectos:
A/o PROTAGONISTA. Fálanos desa personaxe, comeza a contarnos cómo é, que lle gusta, onde está, porque está aí, que lle pasa e que quere conseguir.
O lugar onde se inicia a historia, tamén cun pouco de detalle.
Cóntanos tamén se hai algunha personaxe que acompañe á personaxe protagonista. Quen é, como é e que relación ten coa personaxe principal.
E en xeral, un pouco cal é a situación de partida da historia.
PRESENTACIÓN DO CONFLITO
Cóntanos como comezou o camiño hacia o seu obxectivo a personaxe protagonista. De onde sae o OPONENTE e de que xeito intenta impedir que consiga o obxectivo.
Cóntanos todo esto con detalle e emoción, canto máis interesante sexa o conto máis ganas teremos de leelo!
PRESENTACIÓN DA SOLUCIÓN
Agora toca solucionar para seguir a historia. De onde sae a personaxe AXUDANTE? Acompañaba xa á personaxe protagonista ou apareceu de algún xeito? Que fai que axude ao protagonista? Como continua a historia? Ollo, pode que non consiga axudar e @ protagonista non consiga o seu obxectivo... Sería unha posibilidade a barallar.
SITUACIÓN DE CALMA FINAL
E chegou o momento de poñerlle o peche ao noso conto. Móstranos se a personaxe protagonista conseguiu ou non o seu obxectivo. Cómo se sentiu. E que pasou a partir dese momento na súa vida.
ATA AQUÍ BORRADOR REMATADO. DEIXAO POR HOXE. NON CONTINÚES NESTE PUNTO. É MOI INTERESANTE QUE O DEIXES REPOUSAR!!
3º FÓRMULAS FIXAS DE INICIO E FIN
Antes de comezar coas revisións do borrador imos a decidir se lle poñemos fórmulas de inicio e fin.
Lembra que éstas eran eses grupos de palabras que introducen e pechan un conto. Déixoche un listado para que escollas para o teu conto:
AGORA TI
Escolle unha fórmula de inicio e outra de fin para o teu conto e escríbeas no borrador.
4º REVISIÓN DO BORRADOR
Despois de deixalo repousar... IMPORTANTE!! toca reler con calma e revisar se queremos facer algún cambio, ampliación ou redución a nivel de contido.
Ademais para mellorar o texto deberemos fixarnos en aspectos como:
- repetición de palabras
- palabras mal escritas
- ortografía (axúdate das normas do KIT ORTOGRÁFICO e dun DICIONARIO en todas aquelas palabras que presenten dúbidas. Aquí tamén pode axudarche un maior, irmá/n, mamá ou papá... marcando cunha liña algunha das palabras mal escritas para que ti revises que pode estar pasando.
AGORA TI
Non fai falla que revises todo nun día. Vai escollendo un dos aspectos e adícalle un tempiño e moita concentración. Descansa e volve en outro momento a por outro aspecto.
E por suposto aquí estou para axudarche no proceso de mellora (@s escritor@s profesionais teñen equipos para esta función. Son os editores e editoras).
NESTE MOMENTO FAREDES UNHA PRIMEIRA ENTREGA PARA QUE EU A REVISE ANTES DO PROCESO FINAL
5º MAQUETADO FINAL
![]() |
Benji Davies | The Storm Whale. Picture book making |
Aquí tes varias posibilidades...
Hai que pasalo a limpo, pero podes facelo a man ou a ordenador. Todo de corrido nun texto cunha soa ilustración ou dividido en páxinas nos fragmentos que decidas e para cada un deses fragmentos a súa ilustración...
Ti decides, pero debería vir acompañado de como mínimo unha ilustración.
Se vos apetece iremos colgando os contos no blogue para que poidan lelos @s compañeir@s.
AGORA TI
Maqueta o teu conto e envíamo!! PARA CALQUERA DÚBIDA AQUÍ ESTOU
Agardo os vosos contos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario