Imos crear un recetario saudable colaborativo ao longo de 3 semanas nas que traballaremos... ENTRANTES, PLATO PRINCIPAL e POSTRES!
Comezamos esta semana cos ENTRANTES SAUDABLES!!!
Elexide unha receita de entrantes que triunfe na vosa casa, cociñadea coa vosa familia (pero tedes que facervos vós cargo da medida das distintas cantidades!! importante!!) e escribide a receita.
Ademais recollede o proceso en fotos e tamén o resultado final (só das mans traballando, sen caras para poder poñelas no blogue).
E a ver esas presentacións, señoras e señores chefs!
OLLO! organizade ben o espazo ao escribir a receita! Deixovos un modelo para que vos situedes no papel e teñan todas unha certa coherencia (o modelo é para orientarse e levalo ao voso papel, non para escribir sobre o mesmo ;)
DEIXOVOS ALGUNHAS IMAXES E INFOGRAFÍAS SOBRE PISTAS QUE PODEDES TER PARA DECIDIR PLATOS SAUDABLES ;) As imaxes son todas de 4 contas de Instagram que vos recomendo: Alvaro Vargas, Carlos Ríos, Realfooding e Mi dieta cojea 😉
💥 OLLO! Pinchade na imaxe de abaixo, e ide pasando fotos para a dereita, para ver todas as imaxes con distintas informacións!
A cociñar e compartir receitas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario