ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia

Experimentos e método científico


Desta volta propoñovos pequenos experimentos que podedes facer coa vosa familia seguindo os pasos que levabamos a cabo no cole.

  1. Miramos de que vai o experimento. Neste caso sodes ao mellor as familias as que poderiades preparar previamente o experimento, para que @s nen@s sen saber exactamente o que vai pasar, poidan despois pensar as hipóteses.
  2. Escribimos as HIPÓTESES, é dicir, aquilo que cremos que vai ocorrer.
  3. Facemos o experimento
  4. Comprobamos que é o que ocorre
  5. Suliñamos a hipótese correcta, ou se ningunha o é, redactamos que foi o que pasou
  6. Por último rexistramos o texto instructivo do experimento. Materiais (aqueles utensilios empregados para levalo a cabo), reactivos (as sustancias coas que traballamos no experimento) e procedemento (os pasos que seguimos para levar a cabo o experimento de xeito ordenado).
Deixovos o modelo que empregabamos no cole. Se podedes imprimilo, estupendo, e se non podedes, vale con que o escribades noutra folla calquera. É só para que vos sirva de guía.
Deixovos tamén enlaces directos a experimentos que penso que poderiades facer con cousas sinxelas que teñades pola casa. Non é obligatorio en absoluto facelos todos, nin sequera ningún destes. Deixareivos ao final o enlace á páxina de EXPERCIENCIA onde podedes atopar multitude de propostas. Os seleccionados só o son por empregar reactivos fáciles de atopar na casa, e deses elexide os que máis vos apetezan.


LISTADO DE POSIBLES EXPERIMENTOS:
Páxina completa por si queredes investigar: 
pincha na imaxe para acceder

No hay comentarios:

Publicar un comentario