Empregaremos a columna da esquerda para organizar propostas de traballo e recursos que vos poidan ser de utilidade para estes días. Revisadeas de vez en cando por si hai novas posibilidades en cada unha delas ou novas propostas. Ademais engadin outros recursos en enlaces de interés de tipo cultural para o desfrute. Irei actualizando e poñendo enlaces de fermosas iniciativas que se están dando por si vos apetece sumarvos. Na mesma columna tedes na zona inferior os enlaces aos blogues d@s especialistas.
A páxina principal quedará reservada para avisos puntuais, no caso de ser precisos, e sempre relacionados con aspectos de aula. A información relacionada co discorrer da situación de peche deberedes consultala na páxina web oficial do centro
As propostas de traballo son voluntarias, pretenden ser unha guía para dar utilidade ao visto na clase e manter a cabeza ocupada con algo que pode ser de axuda. Coidádevos! É unha situación delicada e poñervos a expectativa de facer traballo académico como se todo seguise sen máis pode engadir moito estrés á situación, e non é nada recomendable.
Igual non sabedes nin por onde comezar algunha das propostas, e é normal, non é a vosa función. Aínda que é necesario que @s axudedes, polo que para axudarvos a vós nisto, para calquera dúbida, ou para enviarme cousiñas que vaiades facendo, podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario