ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia

Matemáticas


As nenas e nenos levaron uns rexistros para traballar distintos aspectos: cálculo abn e tradicional, series ascendentes e descendentes (+10/+20/+50... -10, -20, -30...), series ascendentes e descendentes con decimais (+1 a partir dun número con decimais, +0’5, etc...), e reparto e relación entre decimais, porcentaxes e fraccións... Levaron tamén modelos de descomposición numérica. Poden traballar sobre eses modelos e replicalos se é preciso.


AS MATEMÁTICAS NA VIDA COTIÁ


Ademáis poden analizar en que situacións da vida familiar empregades as matemáticas, e con que unidades gramo, kilogramo, metro, litro... Estaría xenial que escribisen esas situacións para poder facer unha posta en común en algún momento.

Do mesmo xeito, podedes poñer en práctica esas situacións e deixar que sexan el@s os que se encarguen de facer esas medidas. Elaborar unha receita e que pesen ou calculen o volume preciso dun líquido necesario, redistribuír algún pequeno espacio da casa e que teñan que medir o espacio, os obxectos a redistribuir e facer o plano, facer algunha pequena peza de roupa para algún bonec@ en base ás medidas do mesmo.... Seguro que os mantén un bo rato entretid@s mentres aprenden moito e gañan en autonomía, seguridade e autoestima 😉. Se o que cociñades é ademais saudable, o feito de estar implicad@s na súa elaboración fará que o degusten dun xeito máis positivo.



XOGOS MATEMÁTICOS

Xogos varios con barallas, oca, parchís, xogos con moedas (comprar, vender, xuntar unha mesma cantidade con distintas agrupacións de moedas, contar unha cantidade de cartos collidos ao azar, etc...), dominó, Uno, xadrez, damas, bingo, monopoly ou similar, construccións, tangram... e outros que se vos poidan ocorrer.



ALGÚNS ENLACES CON XOGOS MATEMÁTICOS ONLINE 
(Pinchade nos nomes para acceder)

IXL Matemáticas
Actividades matemáticas específicas para os diversos contidos (permite só un certo número de actividades diarias, a partir de aí pide rexistro)

El rincón de Luca
Nesta páxina tedes moitas posibilidades de xogo parecidas a exercicios que facemos na aula. Se premedes nas flechas verdes de arriba aparecen máis posiblidades.

Mundo Primaria
Organizados en números e operacións, magnitudes, xeometría e resolución de problemas.

Vedoque
Varias posibilidades.

Problemáticos
Exercicios varios. Fixádevos que en cada categoría, onde pon índice, podedes acceder coas flechas a outros exercicios similares.

Cristic
Máis propostas en torno a distintos eixos.

De luns a domingo
Para practicar conceptos relacionados co paso do tempo.

Aquí tedes que ter en conta algo que temos comentado en numerosas ocasións na clase. Debedes ser conscientes de si o xogo elexido vos está a servir para a algo. Se é tan fácil que non supón reto algún, perde totalmente o interés. Tedes moito onde elexir, así que ELEXIDE BEN!


pinchar na imaxe para acceder





No hay comentarios:

Publicar un comentario