ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia

sábado, 21 de marzo de 2020

Novas seccións!

Boas de novo, cómo vai todo? Agardo que o mellor posible.
Escribo aquí, na sección central, para avisarvos que na barra lateral na sección de propostas de traballo tedes dúas novas propostas:

Experimentos e método científico, cunha selección de experimentos, que sei que vos encantan, para disfrutalos coa familia, e seguir practicando método científico.
Pincha na imaxe para acceder á sección
(enlace tamén na barra lateral)

E "Canal Historia", no que vos deixei unha serie de vídeos para coñecer a historia da humanidade (de Europa, principalmente, e a de Galicia de xeito lúdico.

Pincha na imaxe para acceder á sección 
(enlace tamén na barra lateral)

Tamén vos queda unha nova sección con enlaces directos a outras páxinas de interese cos que agardo que disfrutedes ao tempo que aprendedes aspectos diversos.

Seguimos avanzando
Hoxe xa queda un día menos para disfrutarnos todos

E non esquezades que podedes escribirme na dirección de correo electrónico habilitada 😉



No hay comentarios:

Publicar un comentario