ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia

domingo, 22 de marzo de 2020

#AprendoNaCasa - Aviso de interese

A partir de mañá, luns, comezan a emitir contidos educativos en aberto para facilitar a aprendizaxe das nenas e nenos durante o estado de alarma.

RECOMENDADO POLA PROFE 😉 Na segunda canle da Televisión de Galicia poderedes ver de luns a venres, entre as 11:00 e as 13:00h, un bloque de contidos educativos de distintas temáticas. Os programas incluídos serán Xeoclip, de xeografía, historia, xeoloxía e bioloxía, Aquelando tamén quedamos na casa, con contidos diversos de ciencia, Era unha vez... o home e Era unha vez... os exploradores, sobre o historis da humanidade e inventos diversos, e Criaturas, sobre os animais.



Ademáis, o Ministerio de Educación fai tamén outra proposta que emitirá, para as idades que nos interesan, en ClanTV.
Pincha para ver: Nota de prensa do Ministerio sobre as emisións

O horario das emisións será o seguinte:


Por outra banda, o Ministerio de Educación habilitou tamén unha páxina cunha sección con recursos para familias. Déixovos o enlace aquí e na barra lateral.




Pincha na imaxe para acceder

No hay comentarios:

Publicar un comentario