ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia

lunes, 27 de abril de 2020

COMEZAMOS SEMANA CHEA DE ENERXÍA!!

BO DÍA!! Benvid@s a unha nova semana!

Desta volta traiovos dúas sorpresiñas e 2 propostas semanais para que centredes os vosos esforzos nas mesmas e unha máis por si vos apetece e tedes a curiosidade de facelo. Esto non quere dicir, que ao voso ritmo sigades facendo cousiñas pendentes das propostas xa existentes, entre outras cousas porque as de hoxe son concrecións das que xa había!


SORPRESA 1. Vídeo do Día do Libro

PODEDES DESFRUTAR XA DO FERMOSÍSIMO VÍDEO DO DÍA DO LIBRO!!

Para iso pinchade nesta imaxe que vos levará á páxina web do cole onde tedes que descargalo para poder velo. Disfrutádeo moito 😀





PROPOSTA 1. Muro poético

Vou a crear unha páxina no blogue na que iremos colgando os poemas que estades a enviar, para o que teredes que pasalos a limpo e poñerlle unha decoración se así o considerades. Deixovos uns exemplos para inspirarvos.




PROPOSTA 2. Recetario saudable do confinamento

Imos crear un recetario saudable colaborativo ao longo de 3 semanas nas que traballaremos... ENTRANTES, PLATO PRINCIPAL e POSTRES!

Comezamos esta semana cos ENTRANTES SAUDABLES!!!

Elexide unha receita de entrantes que triunfe na vosa casa, cociñadea coa vosa familia (pero tedes que facervos vós cargo da medida das distintas cantidades!! importante!!) e escribide a receita. 
Ademais recollede o proceso en fotos e tamén o resultado final (só das mans traballando, sen caras para poder poñelas no blogue). 

E a ver esas presentacións, señoras e señores chefs!

OLLO! organizade ben o espazo ao escribir a receita! Deixovos un modelo para que vos situedes no papel e teñan todas unha certa coherencia (o modelo é para orientarse e levalo ao voso papel, non para escribir sobre o mesmo ;)


PROPOSTA 3. Observación de aves (voluntaria)

Tedes no menú da esquerda, en "PROPOSTAS DE TRABALLO" unha nova proposta complementaria á da clasificación animal. É totalmente voluntaria pero moi interesante por si queredes facela toda ou só parte ;)

Podedes acceder tamén a través deste enlace: Observación de aves


SORPRESA 2....

Levo xa varios días querendo facervos un pequeno agasallo persoal que fixemos en familia. Esta tempada de confinamento, que nos obliga a estar na casa, ofrécenos un tempo extra para outras actividades que no día a día de ir de un lado para outro non podemos ter. 
Eu sigo traballando, como sabedes, pero cando teño tempo libre ademais de ler, ver algunha que outra película (que tamén me encanta), estoume adicando a pintar con acuarela. Miro titoriais en Instagram, Pinterest e Youtube e vou aprendendo. Algo xa mellorei ;)

E vós ou a vosa familia? Sacáchedes do baúl algunha cousiña que non faciades antes e á que agora lle adicades algo de tempo?

Ademais diso que vos conto fixemos esto en familia que vos regalo con todo o meu cariño 💕

Chámase "PERSOAS"


ÁNIMO PARA ESTA NOVA SEMANA!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario