Benvid@s ao blogue de aula de 3° de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de Outes.
Esta será a plataforma a través da cal vos trasladarei algunha proposta de traballo que irá acompañada dos recursos precisos para levala a cabo, así como algúns enlaces a distintos sitios web de interese educativo.
ORGANIZACIÓN DO BLOGUE
Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Mirade que carta máis bonita na que fai referencia á de Gabriela... Alguén máis se anima a escribir?
(se a mandades escrita a ordenador póñolle así un fondo chulo como a esta ;) Ou ao mellor xa sabedes poñerllo vós...
Lembrade que podedes vela máis grande se pinchades nela.
Desta volta traiovos dúas sorpresiñas e 2 propostas semanais para que centredes os vosos esforzos nas mesmas e unha máis por si vos apetece e tedes a curiosidade de facelo. Esto non quere dicir, que ao voso ritmo sigades facendo cousiñas pendentes das propostas xa existentes, entre outras cousas porque as de hoxe son concrecións das que xa había!
SORPRESA 1. Vídeo do Día do Libro
PODEDES DESFRUTAR XA DO FERMOSÍSIMO VÍDEO DO DÍA DO LIBRO!!
Para iso pinchade nesta imaxe que vos levará á páxina web do cole onde tedes que descargalo para poder velo. Disfrutádeo moito 😀
PROPOSTA 1. Muro poético
Vou a crear unha páxina no blogue na que iremos colgando os poemas que estades a enviar, para o que teredes que pasalos a limpo e poñerlle unha decoración se así o considerades. Deixovos uns exemplos para inspirarvos.
PROPOSTA 2. Recetario saudable do confinamento
Imos crear un recetario saudable colaborativo ao longo de 3 semanas nas que traballaremos... ENTRANTES, PLATO PRINCIPAL e POSTRES!
Comezamos esta semana cos ENTRANTES SAUDABLES!!!
Elexide unha receita de entrantes que triunfe na vosa casa, cociñadea coa vosa familia (pero tedes que facervos vós cargo da medida das distintas cantidades!! importante!!) e escribide a receita.
Ademais recollede o proceso en fotos e tamén o resultado final (só das mans traballando, sen caras para poder poñelas no blogue).
E a ver esas presentacións, señoras e señores chefs!
OLLO! organizade ben o espazo ao escribir a receita! Deixovos un modelo para que vos situedes no papel e teñan todas unha certa coherencia (o modelo é para orientarse e levalo ao voso papel, non para escribir sobre o mesmo ;)
PROPOSTA 3. Observación de aves (voluntaria)
Tedes no menú da esquerda, en "PROPOSTAS DE TRABALLO" unha nova proposta complementaria á da clasificación animal. É totalmente voluntaria pero moi interesante por si queredes facela toda ou só parte ;)
Levo xa varios días querendo facervos un pequeno agasallo persoal que fixemos en familia. Esta tempada de confinamento, que nos obliga a estar na casa, ofrécenos un tempo extra para outras actividades que no día a día de ir de un lado para outro non podemos ter.
Eu sigo traballando, como sabedes, pero cando teño tempo libre ademais de ler, ver algunha que outra película (que tamén me encanta), estoume adicando a pintar con acuarela. Miro titoriais en Instagram, Pinterest e Youtube e vou aprendendo. Algo xa mellorei ;)
E vós ou a vosa familia? Sacáchedes do baúl algunha cousiña que non faciades antes e á que agora lle adicades algo de tempo?
Ademais diso que vos conto fixemos esto en familia que vos regalo con todo o meu cariño 💕
Hoxe chegou a mensaxe de Gabriela para a clase, tamén moi fermosa! Pero ademais entre as cousiñas que fixo e enviou para que eu as vise, viña unha carta que me pareceu tan especial que lle dixen se me deixaba compartila. Deste xeito agardo que chegue ás persoas ás que lla dirixe. GRACIAS GABRI!
Si!! Xa podemos desfrutar de algunhas mensaxes da clase! Son todas fermosísimas e feitas con todo o cariño. A min encantáronme e seguro que a vós tamén.
A primeira é de Sabela, que non se esqueceu de
absolutamente ninguén na súa mensaxe!
GRAZAS SABELA!
Esta de Claudia mándano todo o amor do mundo e moito ánimo!
GRAZAS CLAUDIA!
Pedro reciclou un interesante resultado dun experimento
para facernos esta marabilla chea de cores cunha mensaxe
con moita forza!! Claro que si!
GRAZAS PEDRO!
Xián mandounos un dos seus fermosos debuxos. Sempre nos
sorprende co chulos que son, a que si?
GRAZAS XIÁN!
Laura expresa na súa fermosa menxase unida por un arco da vella
o desexo que temos todas e todos... Vernos de novo!!!
GRAZAS LAURA!
E Dani respostalle a Laura que si, que seguro que nos vemos
pronto! Tamén nos manda moito amor con ese enorme corazón vermello!
GRAZAS DANI!
Hoxe traio unha pequena proposta para vós que seguro que vos fará moita ilusión. Vin un fermoso vídeo no que dábades ánimos ao mundo para afrontar esta crise, pero... que vos parece agora se facedes un pequeno cartaz de ánimo para @s compañeir@s da clase?
Escribide unha mensaxe dirixida en exclusiva á clase, neste caso, e decorádea como vos apeteza... con debuxos, un marquiño... como queirades! Empregade lápices, bolis, cores, acuarelas, collage! Poñédevos creativ@s.
Despois quitádelle unha foto e enviádema por correo electrónico a terceirooutes@gmail.com Irei colgando os que reciba no blogue para que o vexan o resto da clase ;)
Aquí estamos de volta! Agardo que tiverades unhas boas xornadas de descanso e diversión en familia nestas datas. Agora volvemos de novo, aínda que de momento non temos moi claro cómo.
Según o acordado, quedan as modificacións do blogue feitas e dispoñibles.
Sabemos que tedes nenas e nenos verdadeiras amantes da boa lectura que devoran libros. Así que imaxinamos que a estas alturas os recursos na casa estanse agotando. Por iso cremos necesario inaugurar esta sección con enlaces a bibliotecas virtuais onde poder ler ou enlaces para escoitar contos.
Como sempre dispoñible no menú da esquerda. Desfrutádeo pero non olvidedes os libros en papel!!
Propoñovos ir ao CIRCO DO SOL en familia. Por primeira vez podemos ver Un recopilatorio de dous dos seus espectáculos na rede! Trátase de KURIUS e LUZIA.