Unha aperta enorme ☀️
ORGANIZACIÓN DO BLOGUE
Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia
martes, 30 de junio de 2020
Bo verán!
Agora si! Despois deste curso, que nos puxo a proba de xeitos que nunca imaxinaramos, desexámosvis un moi feliz verán e o noso maior desexo de recuperarnos presencialmente en setembro!
lunes, 15 de junio de 2020
NOVA SECCIÓN!!! "Os nosos contos"
Despois destes días de creación podemos, por fin, comezar a disfrutar das creacións narrativas das compañeiras e compañeiros. A partir de agora iremos engadindo os novos contos que vaian chegando!
Pinchade na imaxe para acceder á páxina
Que desfrutedes das lecturas!
sábado, 13 de junio de 2020
PRIMEIRA RECEITA ELABORADA DO RECETARIO!!
O noso “RECETARIO SAUDABLE DO CONFINAMENTO” comezou a cumplir a súa función social e recibimos a primeira elaboración a partir do mesmo!! ♥️
Neste caso foi a compañeira da conta @orellaverde de instagram a que nos enviou fotos das galletas elaboradas a partir da receita de Joel 😋
viernes, 5 de junio de 2020
Día Internacional do Medio Ambiente
Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido.
O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para escribir sobre como afectan os lumes, a contaminación con plásticos nos mares ou o lixo nos ríos cercanos.
O obxectivo concienciar a toda a comunidade da importancia de coidar a natureza...
O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para escribir sobre como afectan os lumes, a contaminación con plásticos nos mares ou o lixo nos ríos cercanos.
O obxectivo concienciar a toda a comunidade da importancia de coidar a natureza...
Canta con nós!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)