Falaremos despois sobre elas na videoconferencias de hoxe. Pero adiántovos que temos novas propostas e novas seccións do voso traballo. Algunha moi agardada e por fin publicada!!
NOVAS PROPOSTAS
O CONTO
Non vos asustedes ao ver a páxina que é moi longa, pero tamén é para facer con calma, paso a paso, e en varios días. Despois explícovos todo.
Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "PROPOSTAS DE TRABALLO".
MATEMÁTICAS II
CÁLCULO MENTAL: uns vídeos con estratexias básicas pero fundamentais. Son vídeos para ver en familia e para que despois poidades practicar mesmo dando un paseo ou na praia se vos apetece ;)
MULTIPLICACIÓN: tamén uns vídeos moi ben explicados da progresión a seguir para comprender e asentar que estaría moi ben que vísedes tamén en familia. Botádelle un ollo e xa comentaremos. Veredes que algunhas cousas son repaso de aula e outras estaban só iniciadas.
RETOS MATEMÁTICOS: sección para xogar coas mates e poñer o cerebro a traballar a tope!
Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "PROPOSTAS DE TRABALLO".
NOVAS SECCIÓN DO VOSO TRABALLO
RECETARIO DE CONFINAMENTO: POSTRES
Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "O TRABALLO D@S PEQUES".
LABORATORIO DE CIENCIA
Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "O TRABALLO D@S PEQUES".