ORGANIZACIÓN DO BLOGUE

Tedes a organización do blogue nun enlace na columna da esquerda.
Lembrade que podedes poñervos en contacto directo conmigo en terceirooutes@gmail.com
Un saúdo agarimoso. Alicia

martes, 30 de junio de 2020

Bo verán!

Agora si! Despois deste curso, que nos puxo a proba de xeitos que nunca imaxinaramos, desexámosvis un moi feliz verán e o noso maior desexo de recuperarnos presencialmente en setembro!

Unha aperta enorme ☀️

lunes, 15 de junio de 2020

NOVA SECCIÓN!!! "Os nosos contos"

Despois destes días de creación podemos, por fin, comezar a disfrutar das creacións narrativas das compañeiras e compañeiros. A partir de agora iremos engadindo os novos contos que vaian chegando!

Pinchade na imaxe para acceder á páxina

Que desfrutedes das lecturas!

sábado, 13 de junio de 2020

PRIMEIRA RECEITA ELABORADA DO RECETARIO!!

O noso “RECETARIO SAUDABLE DO CONFINAMENTO” comezou a cumplir a súa función social e recibimos a primeira elaboración a partir do mesmo!! ♥️

Neste caso foi a compañeira da conta @orellaverde de instagram a que nos enviou fotos das galletas elaboradas a partir da receita de Joel 😋


viernes, 5 de junio de 2020

Día Internacional do Medio Ambiente

Hoxe retomamos o Rap do Medioambiente que escribimos no Entroido.
O alumnado de 3 anos, 1º e 3º de primaria escolleron esta temática para escribir sobre como afectan os lumes, a contaminación con plásticos nos mares ou o lixo nos ríos cercanos.
O obxectivo concienciar a toda a comunidade da importancia de coidar a natureza...


Canta con nós!!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

NOVIDADES!

Boas!
Falaremos despois sobre elas na videoconferencias de hoxe. Pero adiántovos que temos novas propostas e novas seccións do voso traballo. Algunha moi agardada e por fin publicada!!


NOVAS PROPOSTAS 

O CONTO

Retomamos de novo un texto visto xa na clase: O CONTO.
Non vos asustedes ao ver a páxina que é moi longa, pero tamén é para facer con calma, paso a paso, e en varios días. Despois explícovos todo.


Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "PROPOSTAS DE TRABALLO".



MATEMÁTICAS II

Neste sección atoparedes 3 propostas:

CÁLCULO MENTAL: uns vídeos con estratexias básicas pero fundamentais. Son vídeos para ver en familia e para que despois poidades practicar mesmo dando un paseo ou na praia se vos apetece ;)

MULTIPLICACIÓN: tamén uns vídeos moi ben explicados da progresión a seguir para comprender e asentar que estaría moi ben que vísedes tamén en familia. Botádelle un ollo e xa comentaremos. Veredes que algunhas cousas son repaso de aula e outras estaban só iniciadas.

RETOS MATEMÁTICOS: sección para xogar coas mates e poñer o cerebro a traballar a tope!


Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "PROPOSTAS DE TRABALLO".





NOVAS SECCIÓN DO VOSO TRABALLO 


RECETARIO DE CONFINAMENTO: POSTRES

Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "O TRABALLO D@S PEQUES".


LABORATORIO DE CIENCIA

Se pinchades na imaxe accederedes directamente á páxina, aínda que tamén a tedes na barra lateral na sección "O TRABALLO D@S PEQUES".






lunes, 18 de mayo de 2020

"A FALA"

Fixo Uxía, con axuda e colaboración das Tanxugueiras, Faia e outras moitas persoas, un fermoso vídeo que me gustaría compartir con vós.
Agardo que o disfrutedes tanto como o fixen eu 💙

viernes, 15 de mayo de 2020

E xa está aquí! "REFRANEIRO DE OUTES"

O domingo é o Día das Letras Galegas, 
e con motivo da súa conmemoración aquí tedes o 
vídeo recompilación de refráns da sabiduría galega feito 
con aportacións das nenas, nenos e profesorado do noso cole. 
Mirade que chulo!

QUE O DISFRUTEDES!!!